Malestar pola falla de información do proxecto da gasolineira

    POBRA> O inicio das obras de construción do surtidor na Covecha volve a caldear os ánimos dos veciños, que aseguraron non rematarán ata ver este proxecto paralizado. Nada máis ter coñecemento do proxecto, os veciños da Covecha iniciaron unha serie de accións conxuntas que tiñan coma finalidade evitar a construción da gasolineira a carón das instalacións do club de remo, a escasos metros das vivendas e próxima a un parque infantil e a instalacións públicas. Despois de recoller unhas setecentas sinaturas en contra da ubicación, realizar concentracións na zona e mesmo presentar varios escritos e iniciativas, que foron debatidas tanto no pleno municipal coma no Parlamento, observan agora, co inicio dos traballos de construción do surtidor, que as súas solicitudes de nada valeron, polo que se senten totalmente enganados. A maioría dos veciños afectados di non opoñerse á construción da gasolineira, pero si a ubicación proxectada. Nos próximos días teñen previsto dirixirse ó Valedor do Pobo para explicarlles o seu problema e solicitarlle a súa mediación, como tamén o farán co presidente de Portos de Galicia, entidade á que pertencen os terreos nos que se constrúe a instalación. Aseguran que non pararán ata conseguir a paralización da obra. Pola súa banda o alcalde, Isaac Maceiras, asegurou que dende un primeiro momento a información sobre o proxecto estivo a disposición dos veciños para ser consultada, como tamén para os grupos da oposición. Ademais anunciou que nos próximos días está convocada unha reunión na que tomarán parte técnicos municipais e da Xunta, así como tamén da empresa concesionaria do servizo, coa finalidade de chegar a un entendemento que posibilite desprazar a gasolineira varios metros da actual ubicación. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/15/reunionvecinoscovechagasolineira150114.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/15/reunionvecinoscovechagasolineira150114.mp4{/flowplayer}