A Autoridade Portuaria recibe a visita da directora de P&B Axencias

    autoridade_portuaria_copy100.jpgVILAGARCÍA> A operadora serve de enlace entre os portos e os principais operadores de cruceiros. A Autoridade Portuaria quere que a capital do Salnés sexa un dos portos de paso dos grandes barcos de pasaxeiros.

    {flowplayer}images/salnes/VISITA_AUTORIDADE_PORTUARIA.flv{/flowplayer}

    O ano pasado trece cruceiros recalaron en Vilagarcía e este ano farano 17. Trátase dun turismo en auxe do que a Autoridade Portuaria quere aproveitar o filón e introducir o peirao da cidade no circuíto dos grandes barcos de pasaxeiros. Pero para conseguilo, é necesario adaptar o porto a este tipo de tráfico marítimo, trasladando as actividades industriais do Ramal ó peirao industrial. E construíndo unha pasarela de acceso para os viaxeiros. Unha obra que se prevé prioritaria.

    P&B está detrás de preto do cincuenta por cento dos barcos de pasaxeiros que atracan en Vilagarcía. Esta axencia marítima presta servizos a 26 armadores de todo o mundo e representa a compañías que xestionan gran parte dos cruceiros que atracan ó ano en España. De aí que a Autoridade Portuaria considere a visita da directora xeral como un impulso para seguir traballando neste sector.

    A chegada de máis cruceiros a Vilagarcía non só dependerá da adecuación das infraestruturas portuarias. Segundo os directores de P&B e Rubine e Hijos, é preciso potenciar tamén a oferta hostaleira, gastronómica e cultura para reforzar o atractivo da cidade.

    Redacción Salnés