A praia Concha Compostela foi escenario dun simulacro de salvamento marítimo

    simulacro_100_050907_-_still_001.jpgVILAGARCÍA > Os alumnos do curso de socorrista impartido no concello de Vilagarcía levaron a cabo esta mañá un simulacro

    … de rescate acuático na praia Concha Compostela. Os alumnos amosaron así o aprendido durante as clases teóricas e prácticas en situacións de grande risco como o rescate de afogados. O simulacro estivo composto por dous accidentes de bañistas: dúas mozas que pedían auxilio tras caerse das súas piraguas e o salvamento dun home que afogaba.

    O acto estivo en todo momento coordinado polos efectivos de Protección Civil de Vilagarcía que seguiron os movementos dos 10 homes e 5 mulleres que realizan o curso. Curso que pertence a diferentes módulos gratuítos que se ofertan no concello como o de animador sociocultural ou o de axente comercial. En concreto con este de socorrismo os alumnos aprenderon as técnicas, materiais, recursos e métodos para realizar un rescate acuático en condición de seguridade.

    Con este módulo os 15 alumnos recibirán o título oficial de socorrismo co que poderán traballar en piscinas ou en praias. Este curso, que comezou en xuño e remata este mes, é totalmente gratuíto e para anotarse o único requisito que tiveron que cumprir os participantes foi estar no paro.

    Redacción Salnés