![]()
VILAGARCÍA> Manuel Vázquez, pesentou o proxecto co que pretende optar á secretaría xeral dos socialistas galegos. O alcalde da Illa sinalou que é o momento de iniciar a recuperación do partido.
{flowplayer}images/salnes/ProgramaManuelVazquez_230413.flv{/flowplayer}
Así presentaba Manuel Vázquez as liñas xerais do proxecto co que pretende liderar ós socialistas galegos nos vindeiros anos. O de onte en Vilagarcía foi o seu primeiro acto como pre candidato. Un proxecto sen etiquetas, que non vai contra ninguén e que nace coa idea de aportar, de sumar.
O alcalde da Illa de Arousa considera que a militancia, e a cidadanía en xeral, está a pedir un cambio na forma de actuar do partido. Cree fundamental recuperar o contacto directo co pobo a través das agrupación locais. Na mesma liña, o outro dos piares nos que se asentará o seu proxecto será a defensa do municipalismo. Vázquez aposta polo tanto por un proxecto cércano ó pobo e que escoite as súas necesidades.
En canto ó proceso de selección, sinalou que estaría a favor dunhas primarias pero que hai uns estatutos que cumprir. Non quixo entrar a valorar ós seus posibles contrincantes e destacou a importancia de acelerar ó máximo este proceso congresual para poñerse a traballar, dende xa, na rúa.
Redacción Salnés







