Noia acollerá este venres unha velada mixta de kick boxing e boxeo

NOIA> O evento, que terá lugar no pavillón municipal a partir das dez da noite, está organizada polo club ITF Noia e servirá de homenaxe a José Ramón Martínez. Esta mañá presentábase no concello noiés a velada de mixta de kick boxing e boxeo que se celebrará este próximo venres a partir das dez da noite no pavillón municipal e que está organizada polo club ITF Noia . A iniciativa terá ademais unha boa causa, xa que servirá de homenaxe póstuma a un membro deste club recentemente falecido nun accidente de tráfico, como é José Ramón Martínez. O concello noiés, a través do departamento de Deporte, colabora na organización deste evento. A gala arrancará ademais cunha exhibición da sección de Taekwondo deste mesmo club, para dar paso ós combates, que serán tres de kick boxing, tres de boxeo amateur, un deles feminino e un de boxeo de élite, que enfrontará ó púxil ribeirense Israel Benitez contra Samuel Canelo. Dende o club agradecen ás casas comerciais que colaboran co nesta velada o seu apoio, destacando o enorme esforzo realizado para que a cita, a segunda deste tipo que organizan, resulte todo un éxito, e os amantes dos deportes de pelexa acudan en masa ó pavillón noiés a presenciar este espectáculo. O prezo das entradas se venda anticipada será de tres euros en grada e cinco en cadeira, podéndose retirar na taberna do Andrucho, no pub Glamour e na cafetería Equs, mentres que en taquilla será de cinco euros grada e oito cadeira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí