Ser primeiro de grupo, obxectivo do Extrugasa

extrugasa250_090410.jpgVILAGARCÍA> O Extrugasa desprázase mañá a Zamora para enfrontarse ó Caja Rural. Coa fase de ascenso xa asegurada, as de Tito Díaz queren agora o primeiro posto do grupo. Pero enfronte terán ó conxunto máis en forma da competición.

{flowplayer}images/salnes/Extrugasa_080410.flv{/flowplayer} 

Pese a ter a fase de ascesno atada, o último que quere o Extrugasa é relaxarse de aquí ó final de liga. Son tres partidos os que quedan por diante que os queren gañar para logo agardar un picazo do Burgos e poder ser primeiros de grupo. O obxectivo é chegar na mellor forma posible á fase, por iso non quere reservar ás súas mellores xogadoras.

Mañá terán enfronte ó conxunto máis en forma da competición, o Caja Rural, que leva oito victorias consecutivas. Un equipo que partía como favorito á fase de ascenso a principio de temporada pero que fixo unha mala primeira volta que lle condenou. Agora, aínda que as súas opcións son escasas, apurará ata o último partido para meterse entre os catro primeiros. 

No Extrugasa, pese a que varias xogadoras arrastraron molestias durante as últimas sesións, ningunha é de especial importancia polo que todas estarán a punto para o choque.

Redacción Salnés