O concello ultima unha nova normativa para a xesitón dos campos de fútbol municipais

Pontevedra> Dende o Concello de Pontevedra están traballando nunha serie de medidas co fin de potenciar a autoxestión dos novos campos de fútbol municipais. De momento están tendo reunión coa entidades deportivas de Cerpozóns e de Monte Porreiro. O fin conseguir reforzar as entidades sociais e favorecer a práctica deportiva no concello.

O concelleiro de Obras presentou esta mañá un primeiro avance no servizo de autoxestión dos novos campos de fútbol municipais. Demetrio Gómez dixo que os obxectivos están claros e pasan por: conseguir auto xestionar estes espazos, mellorar a calidade democrática dos mesmos e loitar e conseguir dar un servizo excelente á cidadanía.

Dende o concello teñen claro que nestes novos documentos de autoxestión destes campos de fútbol o bo estado das instalacións vai a depender de cada un dos clubs que teña prioridade nese espazo.

Dentro deste escrito tamén estará presente que o concello contará cun número de horas determinadas ao mes para poder cederlle ese espazo a outros clubs da cidade.

Dende o concello teñen como fin definir e rematar estes documentos para que esta nova normativa comece a aplicarse ao comezo da vindeira tempada. Unha normativa que será xeral pero con puntualización en cada campo, e estará presente no de Cerponzóns, Monte Porreiro, Ponte Sampaio, Campañó e Santa María de Xeve.