![]()
SALNÉS> Trala Asemblea ordinaria da Federación Galega de Fútbol, xa se coñecen os calendarios de Preferente e Primeira Autonómica. En Primeira Autonómica o San Martín debutará no feudo do Marcón.
{flowplayer}images/salnes/CALENDARIO_FUTBOL.flv{/flowplayer}
O fútbol volve ó Salnés o 28 deste mes. No grupo sur de Preferente Autonómica, onde militan cinco representantes, a primeira xornada deparará un interesante derbi no campo Salvador Otero. O Céltiga, un dos grandes favoritos a loitar polas dúas pazas de ascenso a Terceira, medirase ante o Sanxenxo, equipo revelación da pasada tempada que conserva o mesmo bloque de xogadores experimentados.
O Arosa, Ribadumia e Cambados, iniciarán o seu periplo pola tempada 2010-2011, fóra dos seus feudos. Os de Lino González, comezan no campo do Pontellas, mentres que o seu primeiro partido en casa será ante o Ourense B. O Cambados, visita a casa do recen ascendido Atios. A papeleta, a priori, máis complicada na xornada inaugural a terá que afrontar o Ribadumia. Os de Carducho, xogarán ante o Lalín no Anxo Cortizo. O equipo de O Deza, xunto a Céltiga, Verín e Barbadás, é un dos equipos que está chamado a ocupar as primeiras prazas de ascenso, polo que o debut do Ribadumia vai ser complicado.
Tralo derbi inaugural en A Illa, haberá que esperar un mes para que os equipos do Salnés se volvan ver as caras. Na quinta xornada de liga, o 26 de setembro, haberá doble ración de duelos de rivalidade comarcal. En A Lomba, o Arosa medirase ó Sanxenxo, mentres que no Salvador Otero, o Ribadumia rendirá visita ó Céltiga. A liga conclúe o 22 de maio.
En canto á Primeira Autonómica, o San Martín de Vilaxoán é o único representante arousán na categoría. Os de Joseíño Segade, debutan en liga o 5 de setembro en Pontevedra ante o Marcón, tamén recén ascendido. O seu primeiro partido na casa será o día 12 ante o Rápido de Bouzas B. A liga, de 18 equipos, remata o 8 de maio.
Redacción Salnés








