O exército realiza labores de vixilancia e prevención nos montes galegos

    operacioncentinelagalego100.jpgBARBANZA> Dende o pasado un de xullo e ata o trinta de setembro o exército está a desenvolver labores de vixilancia e prevención nos montes galegos dentro da denominada Operación Centinela Galego.

    {flowplayer}barbanza/operacioncentinelagalego.flv{/flowplayer}

    Como en anos anteriores, e xa dende o ano 2007, varias patrullas de militares pertencentes ó Tercio Norte de Infantería de Mariña de Ferrol están a realizar labores de vixilancia e prevención de incendios nos montes da comarca do Barbanza. Forman parte da denominada operación Centinela Galego.

    24 horas

    Para desenvolver mellor o seu traballo realizan patrullas, tanto a pé como vehículos, durante as 24 horas do día dispoñen de vehículos todoterreo equipados coa máis alta tecnoloxía. Neste caso a colaboración entre o exército e as autoridades civís, así como tamén dos servizos de extinción da Xunta resulta primordial para a coordinación dos medios e así evitar que se produzan incendios.

    Amplo dispositivo

    A patrulla de militares do Tercio Norte de Infantería de Mariña da Armada, con sede en Ferrol, está a aportar a este operativo un total de cinco patrullas desprazados no Distrito Forestal IV do Barbanza que abarca ós municipios de Outes, Noia, Porto do Son, Ribeira, a Pobra do Caramiñal, Boiro e Lousame, así como tamén ó Distrito Forestal V de Fisterra, que cubre ós concellos de Carnota e Muros.

    Finais de setembro

    O operativo iniciado xa o pasado un de xullo prolongarase ata o 30 de setembro.

    Redacción Barbanza