VILAGARCÍA> O primeiro ximnasio ao aire libre de Galicia está en Vilagarcía. Trátase dun espazo de 400 metros cadrados con máquinas de todo tipo para diferentes exercicios. Detrás desta iniciativa está a empresa Evofit, que dende hai xa sete anos ofrece os seus servizos no Centro Comercial Arousa.
Non hai nada mellor para a saúde que a práctica deportiva e se a iso lle sumamos estar ao aire libre o plan é perfecto. En Vilagarcía, Evofit acaba de poñer en marcha o primeiro ximnasio ao aire libre de Galicia, revolucionando a oferta deportiva da cidade. Trátase dun espazo duns 400 metros situado ao carón das súas instalacións no Centro Comercial Arousa.
Neste novo ximnasio exterior atopamos todo tipo de máquinas para a práctica de diferentes exercicios. Un novo xeito de adestrar, que gusta aos primeiros usuarios que xa gozan destas instalacións.
Esta é a terceira ampliación deste ximnasio de Evofit Vilagarcía en tan só sete anos, o que dá boa mostra da boa acollida que teñen estas instalacións. En total, dispoñen xa de 4.500 metros cadrados.
Unhas intalacións amplas e cómodas, que prestan servizo aos seus usuarios 365 días ao ano, 24 horas.
Podendo presumir, ademais, dos prezos máis competitivos do mercado.
Evofit conta a maiores con aparcadoiro soterrado para os seus clientes e servizo de ludoteca para que nais e pais poidan conciliar no tempo que dedican a facer deporte.







