Un derbi que chega no mellor momento posible

futbol250_280308.jpgSALNÉS > Esta fin de semana preséntase interesantísima no fútbol coa disputa do clásico ArousaCéltiga. Ademais, o Portonovo recibirá ó complicado Montañeros e o Vilalonga desplazarase para xogar co Rápido.

A Lomba recibirá este domingo ás 17:00 un dos partidos máis atractivos do ano, o encontro que han de disputar Arousa e Céltiga. Dous conxuntos que chegan probablemente no mellor momento da temporada. Os da Illa sumaron dez dos últimos doce puntos en xogo e por primeira vez dende hai meses viven fóra dos postos de descenso; ademais a semana pasada recuperaron a mellor versión dun dos seus xogadores máis importantes, o compostelán Adrián Nieto, que fixo un hat-trick. Será dúbida ata o último momento Peloto, por un problema nun dedo dun pé.

No cadro vilagarcián non estará na defensa Santos, polo que Laxes terá que facer variacións na zaga. Os números tamén fala a favor dos arousanos que levan cinco victorias nos últimos sete encontros e xa acadaron practicamente a salvación.

Outro que atravesa por un gran momento é o Portonovo que á mesma hora, xogará en Baltar co Montañeros, equipo que ainda loita por meterse no playoff de ascenso. Os de Piscis levan máis de tres meses sen perder na casa e quererán canda menos sumar un punto, xa que un derrota podería meterlles de novo en problemas.

Moi pendente do que faga o Montañeros estará o Vilalonga, que tralas últimas tres victorias consecutivas reenganchouse ó grupo de cabeza e mantén opcións de loitar polo playoff. Xogará no Baltasar Pujales, ante o Rápido de Bouzas tamén o domingo ás 18:00.

A xornada para os equipos do Salnés complétase cos encontros de Preferente Autonómica: Ribadumia-Barbadás, Salvaterra -Unión do Grove.

Redacción Salnés