BNG e PSOE dubidan da nula incidencia do POL na Pobra

    pol.jpgPOBRA> Trala aprobación inicial do POL, as forzas políticas da Pobra enzarzáronse nun constante cruce de acusacións.

    {flowplayer}barbanza/polbngpsoe.flv{/flowplayer}

    O pasado luns, o alcalde da Pobra acusaba á oposición de irresponsable por ter alarmado á poboación sobre a afectación do POL que finalmente dixo non terá incidencia no municipio xa que conta cun ordenamento adaptado á normativa.

    Lonxe de comulgar coa visión do executivo, tanto BNG como PSOE saíron en defensa da súa actuación no proceso de presentación de suxerencias ó POL. Neste sentido acusaron ó goberno de escurantismo por non ter informado ós cidadáns do contido do plan e atribúen a reducción da afectación no municipio ás súas respectivas formacións.

    Alegacións

    Á espera da aprobación definitiva ábrese agora o proceso para a presentación das alegacións que non dubidarán en aproveitar para tentar reducir ó mínimo a incidencia da normativa autonómica sobre o concello xa que insisten en que quedan algunhas zonas afectadas.

    Para asesorar ós veciños neste proceso, o BNG iniciará novamente unha serie de charlas informativas nos distintos núcleos do municipio.

    Redacción Barbanza