Campaña do Comercio contra a Violencia de Xénero

    violencia_copy100.jpgCAMBADOS> Lévase a cabo grazas á colaboración entre o Centro de Información á Muller e Cambados Zona Centro. Os pequenos comercios, prestarán a súa colaboración distribuíndo bolsas co lazo de cor malva.

    {flowplayer}images/salnes/CAMPANA VIOLENCIA XENERO.flv{/flowplayer}

    O Centro de Información á Muller de Cambados está a levar a cabo unha campaña de sensibilización á sociedade da gran lacra social que é a violencia de xénero. Nesta ocasión, o Centro conta coa axuda de Cambados Zona Centro para a distribución de máis de 2.000 bolsas entre os clientes dos máis de 200 comercios adheridos á asociación.

    Dende o pasado venres, os representantes do CIM fixeron entrega de diverso material, no que aparece o lazo de cor malva sobre fondo negro, nos museos e nas casetas do Albariño.

    En setembro, está previsto o inicio dunha serie de charlas informativas nos distintos colexios e institutos da localidade para concienciar ós máis xoves. A Federación de árbitros de fútbol de Pontevedra, tamén vai apoiar esta iniciativa. A campaña vai continuar ata o 25 de novembro.

    Redacción Salnés