CAMBADOS> A Federación Española de Baloncesto fixo público, con bastante atraso, o calendario do grupo A da Liga EBA. O Establecementos Otero, comezará a tempada xogando no pavillón de O Pombal o 25 de setembro.
{flowplayer}images/salnes/BALONCESTO.flv{/flowplayer}
Con bastante atraso do previsto, a Federación Española de Baloncesto deu a coñecer o calendario do grupo A, o último da categoría que se fixo público, debido á reclamación que fixeron os equipos zamoranos. O Establecementos Otero, vai comezar a competición na casa enfrontándose ó Obradoiro. A cita está sinalada para o día 25 de setembro.
O equipo cambadés, rematou a liga 2009-2010 en segunda posición con 10 partidos gañados e seis perdidos. O Obradoiro chegará ó Pombal, despois de realizar unha fantástica tempada o ano pasado. Rematou a liga en sétima posición, con seis victorias e dez derrotas, nunha tempada na que o obxectivo era a permanencia. O que vai cambiar é o horario.
O Establecementos Otero, decidiu adiantar nunha hora o que fora, durante as últimas tempadas, o horario dos seus partidos. Así e segundo marca o calendario que aparece na web da Federación Española, o cadro cambadés disputará os encontros nos que exercerá de anfitrión ás seis da tarde.
Na primeira fase da competición, Establecementos Otero, se deberá enfrontar sucesivamente ó Ourense Capital Termal, Carballo Basket, Chantada, Marín Peixegalego, Universidade de Oviedo, Grupo Inec Zamora e Estudiantes de Lugo, equipo co que pechará esta fase inicial da Liba no pavillón de O Pombal o 19 de decembro.
Despois, e segundo se clasifique entre os primeiros do seu grupo ou non, o equipo cambadés pelexará polo ascenso ou por lograr a permanencia.
Redacción Salnés