Ribeira acollerá este sábado unha velada de boxeo

RIBEIRA> Esta mañá presentábase en Ribeira a segunda edición da Velada de Boxeo Cidade de Ribeira, unha iniciativa organizada polo club local El Canario, coa colaboración do Concello, Round Galicia, a Asociación de Veciños de Carreira e o Centro Recreativo de Artes. A iniciativa deportiva terá lugar este sábado, no pavillón polideportivo da Fieiteira, a partir das dez e cuarto da noite. Haberá un total de oito combates, nos que se medirán trece boxeadores galegos e tres asturianos. Por parte do club El Canario competirán catro deportistas: Israel Benítez, Marcos Villa, Andrés Romero e André Fandiño. O prezo da entrada será dez euros en cadeira a pé de vista e sete euros na grada. A velada terá tamén un compoñente solidario, e aplicarase un desconto dun euro a aquelas persoas que acudan á Fieiteira con comida que lle será entregada á Cruz Vermella para a súa posterior distribución entre aquelas familias máis necesitadas do municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí