O Xuventude estréase na Copa Galicia cunha vitoria

basketcopia100.jpgCAMBADOS> O Xuventude estreouse onte na segunda xornada da Copa Galicia fronte ó Estudiantes de Lugo, despois de descansar a primeira xornada por esixencias do calendario. O encontro reuniu no Pombal a preto de 200 afeccionados, e se saldou coa vitoria do equipo cambadés, cun resultado de 66 a 51.

{flowplayer}images/salnes/BALONCESTO_XUVENTUDE.flv{/flowplayer}

O Xuventude estreou a súa participación na Copa Galicia coa primeira vitoria oficial da tempada. Dende o comezo do partido equipo cambadés foi moi superior ó Estudiantes de Lugo. O encontro tamén serviu ó conxunto local para probar a nova plantilla, reforzada este verán coa incoporación con Grismay Charón. O internacional cubano capturou ata 16 rebotes, un apartado do xogo no que o Xuventude foi claramente superior ó seu rival.

O descanso chegou cun marcador de 31- 18. O mellor momento no ataque para os cambadeses foi o terceiro cuarto, durante o que a diferenza no marcador acadou os 20 puntos. O xogo do Xuventude decaeu no último cuarto, sen embargo o partido xa estaba gañado.

A pesares da vitoria do equipo local, o máximo anotador do partido foi Pereiro, xogador do Estudiantes de Lugo. No Xuventude, Grismay Charón foi o que acumulou máis puntos para o seu equipo. A próxima cita no calendario dos cambadeses será o próximo día 11, contra o Breogán de Lugo.

Redacción Salnés