Unha praga de gaivotas tingue as rúas e fachadas ribeirenses

    gaviotas.jpgRIBEIRA>proliferación de gaivotas dende hai algúns anos converteuse nun problema para os veciños, en especial para os que viven preto da zona portuaria.

    {flowplayer}barbanza/gaivotasribeira.flv{/flowplayer}

    As pegadas do paso das gaivotas tanto nas rúas como nas fachadas dos edificios de Ribeira atópanse a cada paso. Á suciedade que provocan os seus excrementos súmase o molesto ruído que producen, especialmente durante a mañá cando os barcos descargan o peixe.

    Os remedios ideados polos veciños para erradicalas son do máis variado; dende a colocación de bolsas de plástico ou obxectos metálicos que, din, espantan ás aves, trozos de sedal para evitar que se pousen, figuras en forma de moucho que actúan como espantallos ou mesmo aparellos de ultrasonido. Todo en van posto que as gaivotas seguen campando ás súas anchas por toda a vila, incluso polas zonas máis afastadas da costa.

    Medidas

    Ante isto, ós veciños non lles queda máis que resignarse a convivir con estas incómodas visitantes. Terán que agardar a que o concello tome exemplo doutras vilas de dentro e fóra da súa comunidade que xa tomaron medidas para minimizar a presenza desta especie como a destrución dos seus niños para frear a súa capacidade de reproducción.

    Redacción Barbanza