Rianxo dará cabida mañá sábado a unha nova proba da Liga Galega de Traíñas

RIANXO> A dársena portuaria acollerá este sábado a partir das catro menos cuarto da tarde a disputa das Bandeiras de Traíñas Concello de Rianxo para as tripulacións masculinas que compiten na Liga Galega e A e as femininas.

O Club local agarda facer un bo papel na súa regata.

A tripulación masculina ocupa actualmente a quinta praza na clasificación xeral, mentres que a feminina vai terceira.

Dende o Concello destacaron a importancia desta cita deportiva, unha festa do remo, con gran tradición no municipio.