![]()
VILAGARCÍA> O Centro de Transfusións de Galicia e a Asociación de doantes e receptores de órganos de Vigo, percorren os concellos para concienciar á poboación.
{flowplayer}images/salnes/DOAZON_SANGUE.flv{/flowplayer}
Galicia precisa dunhas 500 doazóns diarias para manter o funcionamento dos seus hospitais, pero os accidentes de tráfico diminúen as súas reservas. O centro de transfusión de Galicia ten en marcha a súa campaña de Verán. 10 unidades móbiles percorren toda a comunidade para chegar a 240 concellos. Unha delas chegou onte a concienciar ós vilagarciáns. No municipo acádanse unha media de 85 donantes ó día, sobre todo entre a xente xoven.
Pero se hai moito que facer para estender a doazón de sangue, aínda é máis complicado concienciar á xente da necesidade da doazón de órganos. Segundo a asociación Adrovi, a xuventude segue sendo o sector máis receptivo.
A tarxeta de doante axuda ós familiares a tomar esta decisión. Os órganos dunha persoa sá poden axudar a salvar ata sete vidas.
Tanto a unidade móbil de doazón de sangue como a mesa para facerse doante de órganos, continuarán mañá na rúa Arzobispo Lago, en Vilagarcía. Ambas cun obxectivo: concienciar á xente para salvar vidas.
Redacción Salnés







