Cela asume o bastón de mando en Moraña apostando polo continuismo

MORAÑA> Moraña xa ten novo alcalde. José Cela tomou onte pola noite o bastón de mando do concello da mans da súa predecesora, Luisa Piñeiro. Tras nove anos de concelleiro, asume agora o novo cargo con responsabilidade. Faino con ideas continuistas, nas que a mobilidade será un dos eixos máis importantes.

Tras nove anos como concelleiro, José Cela asumiu onte pola noite a alcaldía de Moraña trala marcha de Luisa Piñeiro para asumir o cargo de delegada da Xunta de Galicia en Pontevedra.

A súa intención é continuar co traballo que comezou o equipo con Piñeiro á fronte. Cela aposta polo continuismo, coa mobilidade como un dos eixos vertebradores da súa política.

Confía en que no seu papel de delegada da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro sexa unha boa aliada para o concello morañés.

O xa rexedor sinalou que nestes primeiros momentos na alcaldía a prioridade será o coronavirus, que centrará gran parte da acción do goberno.