A realidade aumentada devolve a vida á antiga Fábrica de Conservas Goday

A ILLA> A Illa presume de historia. O concello presentou este mediodía un orixinal proxecto que transporta ao visitante ao pasado da conserva, botando man das novas tecnoloxías. Leva por título “Unha ollada cara ao mar”, e precisa dunhas gafas de realidade virtual e do Museo da Conserva.

A antiga Fábrica de Conservas Goday volveu bulir hoxe de actividade grazas ás novas tecnoloxías. Hai tempo que o edificio foi reconvertido no Museo da Conserva polo concello da Illa de Arousa, que aposta por traer o pasado ao presente.

“Unha ollada cara o mar” é o nome do proxecto. Quen se equipe coas gafas de realidade virtual poderá presenciar como traballaba a fábrica nos seus anos dourados. Ou, por exemplo, coñecer a antiga furgoneta que empregaban ou o aspecto do peirao.

Este mediodía foi a súa posta de longo. Fíxoo ademais sen complexos e ante os xuíces máis duros que podía ter: os antigos traballadores da conserveira.

Feito o apartado tecnolóxico, só quedan os flocos burocráticos para que estas gafas permitan ollar cara o pasado a todos os visitantes do Museo da Conserva.

A iniciativa xa foi dada a coñecer polo concello na pasada Feira Internacional de Turismo, Fitur, celebrada no mes de xaneiro en Madrid.