Inicio das obras da senda que une Soutullo con A Lanzada

    SANXENXO> A conselleira de Infraestruturas, xunto co delegado territorial en Pontevedra supervisou hoxe o inicio das obras da senda que conecta Soutullo e A Lanzada. 

     

    A conselleira de Infraestruturas Ethel Vázquez, visitou hoxe acompañada polo delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, o inicio das obras da senda peonil e ciclista de conecta Soutullo e A Lanzada.

    Un treito dunha lonxitude duns case 3km e un investimento de algo máis de 3 millóns de euros… con esta obra melloraranse as interxeccións, a execución dunha glorieta, tres pasarelas e a dotación de 200 prazas de aparcamento. 

    Esta intervención está recollida dentro do Plan de Sendas de Galicia, que nunha primeira fase prevé 5 novas sendas na comarca de O Salnés, que supoñen un investimento de case 9 millóns de euros. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/26/conselleira_estrada_sanxenxo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/26/conselleira_estrada_sanxenxo.mp4{/flowplayer}