As empresas de Sete Pías recuperan o subministro de auga

    auga_copia100.jpgCAMBADOS> Volven a normalidade as dúas empresas do Polígono que o xoves tiveron problemas co subministro de auga. As altas temperaturas e o aumento do consumo reduciron o caudal dos depósitos.

    {flowplayer}images/salnes/restriccions auga.flv{/flowplayer}

    O pasado xoves dúas empresas do Polígono de Sete Pías se puxeron en contacto co Concello de Cambados para informarlles de que o caudal de auga que estaban recibindo era escaso. De seguido, a empresa responsable do subministro, Aquagest, desprazouse ata o lugar para abastecelos con cisternas co fin de que puidesen continuar coa súa actividade. Hoxe o nivel dos depósito volveu á normalidade.

    Ademais, co obxecto de asegurar o abastecemento de auga ós veciños do municipio, o concello xa tomou as primeiras medidas.

    De continuar esta situación o alcalde non descarta prolongar o corte máis aló dos quince días e restrinxir o subministro en outras áreas coma poden ser os campos de fútbol.

    Ademais, restrinxiuse o rego automático dos parques e xardíns do municipio. O tenente de alcalde asegura que esta mañá estas medidas xa deron os seus primeiros froitos.

    Durante o mes de xullo, tal e coma informaba o Mancomunidade do Salnés, o consumo de auga incrementouse un 13% con respecto ó mesmo período do ano pasado. Por iso, varios concellos da comarca coma Sanxenxo, Cambados ou Vilagarcía fan un chamamento á poboación coa finalidade de que fagan un uso racional da auga. Este último a pesares de que o subministro de auga o están ofrecendo con total normalidade. Estes son algunhas prácticas que os veciños do Salnés empregan para aforrar.

    No concello de Vilagarcía o consumo medio diario acada os 12.000 metros cúbicos polo que é preciso máis que nunca nestas datas facer un uso responsable da auga aínda que polo momento estea garantida.

    Redacción Salnés