Luz verde á rehabilitación do balneario de A Compostela

    balneario copia.jpgVILAGARCÍA> A Consellería de Medio Ambiente ven de remitir ó concello a autorización que lles permite xestionalo últimos trámites.

    {flowplayer}images/salnes/BALNEARIO_COMPOSTELA.flv{/flowplayer}

    A Consellería de Medio Ambiente ven de remitir ó concello de Vilagarcía a autorización que lles permite xestionalos últimos trámites para comezalas obras de rehabilitación e acondicionamento do Balneario de A Compostela.

    Dispoñen, a partires de agora, dun prazo de dous anos para executalos traballos que converterán o vello edifico nun centro de formación hoteleiro a nivel comarcal. Unha vez transcorra ese período a autorización de obra quedará invalidade.

    A idea inicial, despois de realizalos informes técnicos, é demoler as partes engadidas de escaso valor, que segundo os estudos, desvirtúan a imaxe orixinal da edificación. Por iso, debido á envergadura da infraestrutura, o concello terá que apresuralos trámites para cumprir o prazo.

    O proxecto tamén inclúe a creación de ramplas, tanto no interior coma no exterior do edificio para a eliminación das barreiras arquitectónicas.

    Pola súa banda, no documento remitido onte pola Xunta ó concello advirten que durante a época estival, período no que non se paralizarán as obras, a zona deberá estar sinalizada adecuadamente como área.

    Así mesmo, deberá prestar especial atención a posibles vertidos que poidan rematar no mar debido á ubicación da infraestrutura nas marxes do paseo marítimo. Por último, recalcaron que o concello é o que terá que solicitar tódalas autorizacións necesarias.

    Redacción Salnés