O pavillón de deportes de Vilanova estará listo nun mes

    VILANOVA> A obra do pavillón de deportes de Vilanova de Arousa estará rematada nun mes. Cos 300.000€ recibidos da antiga Deputación provincial púidose ampliar a sala multiusos, por tarima á pista e arranxar a acústica do edificio entre outras reformas.

     

    O alcalde de Vilanova de Arousa visitaba hoxe as obras do pavillón de deportes municipal para dar conta das melloras coas que contará o espazo. Unha das máis importantes a creación dunha salamultiusos de case 300 metros cadrados.

    Dende o goberno local aseguran que están a recoller ideas e propostas de diversos colectivos sociais e asociacións culturais para darlle uso ao salón onde se poderán dar clases, cursos ou mesmo empregala como sala de ximnasio. Outros dos progresos  inclúen a mellora da acústica do pavillón cun teito microperforado, a introdución de parqué na pista que antes era de formigón ou a funcionalidade da entrada que agora dirixe ao público cara un e outro lado. O presuposto, recibido da Deputación de Rafael Louzán, foi de 300.000€ e Durán asegura que o apretaron ao máximo, pero que aínda así quedan cousas por facer que tratarán de sacar de partidas do concello ou outras subvencións como son a ampliación do ximnasio actual ou a creación dunha cabina de son para actividades musicais e deportivas. Para Gonzalo Durán, estas modificacións modernizan un pavillón de máis de 25 anos e déixano á cabeza de todos os da comarca.

    O concello calcula a obra estará rematada nun mes e en Maio xa se poderá volver a actividade.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/15/vilanova_pavillon_deportes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/15/vilanova_pavillon_deportes.mp4{/flowplayer}