O Salnés posiciónase como destino ‘petfriendly’ en Fitur

MADRID> A Mancomunidade do Salnés preséntase en Fitur como unha comarca que busca ser referente no petfriendly, o turismo con mascotas. O organismo comarcal presentou dous vídeos: un promocionando a comarca e o outro mostrando as súas posibilidades para aqueles que queiran viaxar con animais.

A comarca do Salnés non é unha zona para visitar só con amigos ou familia, tamén pode facerse con mascotas. A mancomunidade presentouse en Fitur como unha comarca pioneira no Petfriendly, o turismo cos animais de compañía. Buscando achegarse a este público, a mancomunidade lanza a campaña ‘Camiña comigo’.

A Mancomunidade presentou dous vídeos: un promocionando a comarca e o outro mostrando as súas posibilidades para aqueles que queiran viaxar con animais.

Ante o aumento deste tipo de turismo, a mancomunidade decidiuse a dar os primeiros paso para converterse en pioneira e referencia no Petfriendly.

Ademais da presentación, a mancomunidade mantivo encontros importantes con touroperadores e outras administracións, destacando as reunións co concello de Logroño e coa delegación china en España.

A Mancomunidade xa comeza a dar os primeiros pasos para atraer a aqueles turistas que demanden o Petfriendly. Toda a información de establecementos dispoñibles poderánse consultar na web do Salnés.