Villaverde recibe a notificación do expediente disciplinario

    villaverde_copia100.jpgSANXENXO> Ademais recibiu o que solicitou contra o presidente provincial. A conclusión que o portavoz de Foro Popular é que o PP provincial intenta frear o proceso aberto contra Louzán e que progrese o dictado contra Villaverde.

    {flowplayer}images/salnes/VILLAVERDE.flv{/flowplayer}

    A recepción por correo certificado das cartas do Comité de Dereitos e Garantías do PP en Galicia, non fixo máis que confirmar as sospeitas de Fernando Villaverde, ou cando menos esta é a conclusión que tira destas comunicacións o ex edil popular. Nunha, infórmaselle do expediente disciplinario que este Comité inicia contra el a instancias do presidente do partido en Pontevedra Rafael Louzán, e designa á vocal Paula Prado del Río como instructora do mesmo.

    Pero é o segundo documento o que centra a súa atención. Nel o Comité infórmalle de que admitiron a súa demanda, e que se lle abre un expediente informativo a Louzán. Villaverde presentara esta solicitude o mes pasado por duplicado: ante o Comité de Dereitos e Garantías, e ante a sede do PP provincial en Pontevedra. Na carta que recibiu hoxe contéstase ó escrito que remitira ó Comité con data de 30 de xullo, e non ó entregado quince días antes en Pontevedra.

    O voceiro do Foro Popular considera que esta manobra é un intento dos populares de Pontevedra para que progrese o expediente disciplinario aberto contra el e non o informativo que solicitou contra Louzán, Por iso estuda xa ampliar a petición de expediente disciplinario realizada contra o presidente provincial do partido, e incluír nela á secretaria xeral do PP pontevedrés, Begoña Estévez. Pensa que é a responsable de que ese primeiro escrito non chegara ó Comité de Dereitos e Garantías.

    Redacción Salnés