José Manuel Gómez cesa como presidente do Arousa

gomez250_030610.jpgVILAGARCÍA> José Manuel Gómez deixou de ser o presidente do Arousa. Nunha asemblea celebrada onte á noite na Cámara de Comercio de Vilagarcía o mandatario cesou no seu cargo e abríu o período electoral. O nome do seu sucesor podería coñecerse a vindeira semana.

Seis anos despois de tomar as rendas do club, José Manuel Gómez deixa o seu cargo. Foron dous anos como presidente dunha xestora, e catro ó frente dunha directiva. Recoñece estar canso e prefire buscar un relevo, unha persoa que comece con folgos renovados.

O certo é que agora ábrese o proceso electoral, toda vez que ningún socio ofreceuse a sucedelo. Dende hoxe ata o martes que ven, exporase o censo de socios no club. Para o mércores día 10 quedará a proclamación de candidatos. Se tan só se presenta unha persoa será designado directamente presidente, mentres que se hai máis de unha, a votación quedará para o día 18.

Por outra banda, na asemblea expúxose a situación do club a nivel económico. A débeda que arrastra a día de hoxe o Arousa é de algo máis de 200.000 €, se ben o exercicio remata a finais deste mes e esas cantidades poderían rebaixarse moito, xa que na Lomba agardan ingresar preto de 50.000 €. Facendo balance, cando Gómez tomou posesión do seu cargo o club debía uns 127.000 €. Se ben esa débeda está prácticamente pagada, outros problemas derivados dos impagos fan que económicamente o Arousa estea peor que hai seis anos.

Contra iso e contra unha situación deportiva moi complicada, sobre todo para o primeiro equipo, deberá loitar o novo presidente a partir de 18 de xuño.

Redacción Salnés