O Teatro Valle-Inclán conta coa luz verde da Consellería de Cultura

    roberto_varela_copia100.jpgVILANOVA> As novas instalacións contarán con auditorio, biblioteca e salas de reunións para os colectivos da localidade. A propia Consellería, o Concello e a Deputación de Pontevedra aportarán o orzamento necesario.

    {flowplayer}images/salnes/AUDITORIO_VILANOVA.flv{/flowplayer} Con este anuncio, a Xunta amosa o seu apoio a unha das aspiracións máis insistentes do goberno local. Os contactos para conseguir a sinatura do convenio para a construción do teatro vilanovés remóntanse a marzo deste ano.

    Auditorio, biblioteca e salas de reunións para os diferentes colectivos da localidade, serán os espazos que formarán o Teatro Valle-Inclán. Tamén cubrirá as necesidades da Escola de Música local e do grupo teatral Valle-Innova. A pesares de que non existe un proxecto xa redactado, o concello anunciou que o inmoble terá capacidade para 300 ou 400 persoas.

    Un dos problemas que existe neste momento é a súa ubicación. O que se pretende é situalo ó lado do porto deportivo, no lugar que na actualidade ocupan as antigas naves de Charpo. Portos de Galicia e a Audiencia Nacional repártense a titularidade do espazo. Aínda que o ente autonómico leva meses negociando a reversión do solo para poder destinalo ó teatro, todavía non se teñen noticias do proceso.

    O concello xa reservou nos orzamentos deste ano unha partida para o teatro de 500.000 euros. A pesares de que Varela non falou de cifras concretas, estímase que a aportación da consellería acadaría os 1,5 millóns de euros. O resto da financiación viría das arcas da Deputación pontevedresa.

    Redacción Salnés