O BNG edita un folleto moi crítico co goberno no ecuador da lexislatura

    BOIRO> O BNG de Boiro vén de editar un folleto informativo no ecuador da lexislatura. Os nacionalistas fan un balance moi negativo destes anos nos que, din, o goberno non ten acometido proxectos de futuro para o concello. A publicación presentada polo BNG recolle moitas das denuncias realizadas ó longo destes dous anos en relación ás políticas promovidas polo executivo local. Fan unha comparativa coa situación do concello cando gobernaba o BNG en temas tan relevantes como a recollida de lixo, as calificacións urbanísticas ou as políticas de promoción do emprego. Aproveitando ademais o inicio das festas de Boiro, os nacionalistas criticaron que un ano máis se repita o mesmo formato das celebración. Pola contra reclaman a recuperación da mostra das culturas e o carácter tradicional qe facían das festas de Boiro un referente en toda a comarca.