Relixión e ciencia van da man en Ribadumia nunha xornada centrada no Padre Carreira

RIBADUMIA> Relixión e ciencia irán da man, o vindeiro domingo, en Ribadumia. O auditorio da localidade acolle unha xornada centrada na resurrección dende o punto de vista da física. O evento, co que colabora o Concello, tamén abordará os segredos que agocha a saba santa de Turín.

A resurrección de Xesucristo será o eixo condutor da xornada que se vai celebra-lo vindeiro domingo no auditorio de Ribadumia. Será dende o punto de vista da física, grazas ós estudos do Padre Carreira. De feito, no acto vaise proxectar un vídeo elaborado por este estudoso. A mestura de relixión, ciencia e fe xera polémica e abre o debate. Segundo o padre Cerreira son elementos que non entran en contradición, é máis, unha depende da outra.

Na xornada deste domingo tamén se afondará noutro dos elementos relixiosos que suscitan máis interese: a saba santa de Turín. Á cita van acudir numerosos sacerdotes e fregueses de todo O Salnés. A xornada é aberta ó público en xeral. Está programada para as 19 h deste domingo no auditorio de Ribadumia.