Unha camelia única lembra a Valle-Inclán na alameda da Pobra

POBRA> Unha camelia cultivada no Barbanza e plantada en terras traídas de Vilanova lembrará a Ramón María de Valle-Inclán nos xardíns pobrenses que levan o seu nome.  Este acto, que se completou cunha ofrenda floral ante o busto do escritor, enmárcase nas xornadas divulgativas organizadas polo concello da Pobra.

A alameda da Pobra conta cunha nova variedade nos seus xardíns. Trátase dunha variedade de camelia xapónica creada na honra de Valle-Inclán que foi plantada esta maña por representantes dos concellos da Pobra e Vilanova, irmanados pola figura do ilustre escritor.

Este acto, enmarcado nas xornadas Valle-Inclán, que se desenvolven na Pobra durante os meses de outubro e novembro, contou tamén coa presenza do director xeral do Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, quen destacou o importante papel das administracións locais como divulgadores da obra e da memoria dun dos galegos máis universais.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí