O Est. Otero supera con comodidade ó Oviedo T.M.

tenisdemesa250_171208.jpgCAMBADOS > O Establecimientos Otero continúa a súa boa marcha na División de Honra e venceu con comodidade ó Oviedo en San Tomé. Os cambadeses afiánzanse na parte alta da táboa. Tamén gañou o Grupo Barros.

Penúltima xornada desta primeira volta, e victoria importante para o Establecimientos Otero, que os coloca cuartos na xeral, empatados a puntos co segundo e o terceiro clasificado.

Desta volta os cambadeses impuxéronse ó Oviedo Tenis de Mesa por 4-1, nun encontro que comezou coas victorias en individuais de Eduardo e Liu. Con 2-0, Jacobo Enseñat non puido sumar o terceiro punto tras caer co rumano Bulbuc, pero sobrepúxose no dobles xunto a Junhui e o chino rematou a faena ante Félix Gallego.

Antes do parón de Nadal, o Establecimientos Otero xogará o seu último partido da primeira volta ante o TM Bascara que camiña un posto por riba, co mesmo balance de victorias-derrotas, 5-3.

En Segunda Nacional o Grupo Barros continúa intratable. Suma e segue para os líderes invictos desta categoría que se impuxeron sen problemas ó Nautico de Vigo a domicilio, por 0-4, nun triunfo máis cómodo do agardado.

Na mesma categoría a cruz contiúa a ser o Joyería Enrique, que non é quen de saír do pozo e volveu a perder nesta ocasión na cancha do Ordenes por 4-1. Antonio Regueiro acadou o único punto visitante.

Nas ligas autonómicas, na Primeira Galega, o Caixa Galicia caeu co Vincios por 4-0, un resultado agardado debido ó gran número de baixas coas que se presentaba o equipo.

Unha categoría por debaixo, o Insucarpi venceu ó Mecos no partido de rivalidade comarcal por 4-0, triunfo que deixa ós cambadeses matemáticamente clasificados para o grupo de ascenso, cando faltan aínda tres xornadas por disputarse.

En Primeira Femenina o Caixanova non xogou, tocoulle descansar.

Redacción Salnés