4º edición do Mararousa para promocionar os deportes náuticos

plantilla_deportesmararousa.jpgVILAGARCÍA> Dende hoxe e ata o tres de outubro, a capital do Salnés vai acoller citas tan importantes como o Campionato galego de snipe, o PROAM de Platú ou un Memorial de piragüismo.

{flowplayer}images/salnes/PRESENTACION_MARAROUSA.flv{/flowplayer}

Durante dúas semanas Vilagarcía converterase no centro dos deportes náuticos a través de Mararousa. Este ano chega á súa cuarta edición, como un evento moi consolidado, no que se ofrece un gran repertorio de campionatos e actividades paralelas nas que, ademais de profesionais, poden participar tódolos cidadáns que o desexen. Así, Vilagarcía acollerá o Clalom de Motonáutica, o torneo de Kayak, o campionato galego por equipos de clase snipe de vela ou o Memorial Roberto Porto de Piragüismo, entre outros eventos.

Como sempre, o prato estrela será a PROAM de Platú. Unha regata na que os mellores patróns de Galicia, compiten con tripulacións formadas por celebridades doutros deportes, do mundo da cultura, a política, a prensa e empresarios.

Tamén cabe destacar o Primeiro Trofeo Infantil de Pesca do Liceo Casino, o 3 de outubro.

Por primeira vez, nestes catro anos de existencia, o Mararousa vai propiciar que coincidan no campo de regatas o Liceo Casino e o Real Club de Regatas de Galicia, nunha mostra de cooperación e bo entendemento por parte das dúas asociacións.

Redacción Salnés