Pontevedra podería albergar o Campionato do Mundo de Balonmán Junior en 2019

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra podería albergar en 2019 o Campionato do Mundo Junior de Balonmán e o Campionato de España de Seleccións Autonómicas en 2018 se chega a un acordo coa Federación Española deste deporte. Os dous eventos poderían traer a miles de deportistas, familiares e espectadores e suporía unha inxección importante para a economía da cidade e a súa proxección internacional.

 

Esta mañá o alcalde de Pontevedra e a edil de Deportes reuníanse nas dependencias do concello cos presidentes das federacións española e galega de balonmán. Con eles barallaron a posibilidade de que a cidade fose a sede de dúas grandes competicións deste deporte como son o Campionato de España de Seleccións autonómica en 2018 e o Campionato do Mundo Junior de Balonmán no 2019. Pero é este último o que non remata de convencer ao rexedor municipal debido ao pouco impacto económico que tería para Pontevedra nas datas nas que se realiza.

Nesta primeira negociación ou escollen aceptar ser a sede dos dous campionatos ou non poderían aproveitar o empuxe que tería para a cidade a celebración do nacional en xaneiro de 2018; no que se reúnen entre infantís, cadetes e xuvenís masculinos e femininos máis de 2600 deportistas aos que se engadirían familiares e espectadores.

Vigo podería ser a cidade elixida para compartir a sede dos campionatos mais, ante o período de  mes e medio que ten o concello de Pontevedra para seguir negociando e darlle unha resposta final, non será a mediados de febreiro cando se dará a coñecer se a celebración do Campionato do Mundo de Balonmán Junior acompañará ao de Tríatlon en Pontevedra para 2019.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/30/federacion_balonman.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/30/federacion_balonman.mp4{/flowplayer}