RIBEIRA> A Asociación Sarela dá a coñecer en Barbanza o seu labor de tratamento e apoio ós pacientes e familiares de dano cerebral adquirido. Fíxoo cunha mesa informativa instalada no hall do hospital para conmemorar o Día Mundial do Ictus, a primeira causa de mortalidade en España.
A Asociación de Dano Cerebral de Compostela, Sarela, conmemorou hoxe, o Día Mundial do Ictus, cunha mesa mesa informativa no hospital do Barbanza. O obxectivo desta acción non era outro que dara a coñecer o labor que realiza este colectivo, tanto de orientación como de apoio ás familias con pacientes con dano cerebral adquirido.
Segundo os últimos informes o ictus causa case o 80% dos casos de dano cerebral adquirido en España, de aí que dende o colectivo lle dean moita importancia a esta data.
Para dar a coñecer mellor o seu traballo, Sarela contou coa axuda de familiares de pacientes con dano cerebral adquirido da comarca que forman parte tamén da asociación