VILANOVA> O traballador da residencia Valle Inclán terá que ser readmitido, segundo o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
{flowplayer}images/salnes/DESPIDO_RESIDENCIA.flv{/flowplayer}
Manuel Bóveda levaba 8 anos traballando na residencia da terceira idade Valle-Inclán cando lle chegou a carta de despido, por uns supostos malostratos a unha residente. Esta acusación foi desbotada agora polo tribunal. Segundo a senteza, o traballador podería optar polo cobro dunha indemnización ou pola recuperación do seu posto de traballo. Manuel Bóveda optou pola segunda opción. Ademais pretende continuar os seus labores como delegado sindical de Comisións Obreiras na residencia.
Precisamente esta actividade sindical é o que a organización sinala como o verdadeiro motivo do despido. No momento do conflito, Bóveda negociaba un novo convenio colectivo para o sector.
A pesares de que Comisión Obreiras solicitaba que o tribunal declarase o despido nulo, a calificación de improcedente satisface ó sindicato. A organización xa anunciou que non descarta medidas xudiciais contra o xerente da residencia.
A organización sindical tamén denuncia a suposta colaboración de traballadores membros da UXT no despido de Manuel Bóveda. Aínda que non culpan ó sindicato, pídenlle que cuestionen a súa militancia ó apoiar ó empresario. Agora só queda coñecer a decisión da residencia, que pode apelar ou acatar a sentenza.
Redacción Salnés