Os floristas do Barbanza esixen maior control sobre a venda ilegal

    flores.jpgBOIRO> A Asociación de Floristas do Barbanza denuncia o intrusismo profesional e os casos de competencia desleal que existen na comarca.

    {flowplayer}barbanza/denunciafloristas.flv{/flowplayer}

    A venda ilegal de flores é unha práctica común en toda a comarca e, segundo denuncia a asociación de floristas do Barbanza, moito máis habitual do que se cre. Dase especialmente entre vendedores doutros tipos de mercadorías que aproveitan os seus postos ou establecementos para vender flores, para o que non están autorizados. Este feito supón un grave prexuízo para os floristas que si pagan os impostos derivados desta actividade.

    Igualdade de condicións

    Lonxe de rexeitar novos asociados, os floristas do Barbanza tenden a man a todo aquel que queira dedicarse á venda de flor, sempre que se dea de alta no rexistro do concello e en Facenda, de xeito que realice a actividade en igualdade de condicións.

    Sancións

    Ademais de apelar á concienciación dos vendedores ilegais e dos seus clientes fan un chamamento ós organismos públicos para que controlen e castiguen ós infractores.

    Botan de menos tamén unha maior regulación da profesión de florista, pouco definida actualmente na comunidade galega.

    Redacción Barbanza