Preto dun cento de iniciativas integran a V Feira da Educación de Ribeira

RIBEIRA> O próximo mércores ás doce da maññá inaugúrase oficialmente a feira da Educación no auditorio de Ribeira. Dende entón e ata o domingo a vila acollerá preto dun cento de iniciativas nas que colaboran todo o tecido educativo do municipio. Entre o mércores e o venres pola mañá, os protagonistas serán os escolares con actividades específicas para eles. Polas tarde e durante a fin de semana a feira estará aberta a todo o público con interesantes obradoiros e actuacións como a de Aldaolado, enmarcada na rede cultural da Deputación. O peche da feira terá lugar o domingo día 22 cunha gran festa de clausura a partir das cinco e media da tarde amenizada por varios grupos de música e baile tradicional.