BNG e PSOE demandan a apertura do aparcadoiro de A Negral

    BOIRO> Os principais partidos da oposición en Boiro veñen de denunciar os graves problemas de aparcamento que se rexistran no casco urbano. Acusan ó executivo local de desmantelar o parking da Boqueira da Negral, destinándoo a uso de almacén, en lugar de poñer en servizo as preto de cen prazas de estacionamento desta infraestrutura. O BNG e o PSOE de Boiro coinciden nas súas críticas ó goberno local polo abandono do parquing da Boqueira da Negral, construído baixo o mandato do bipartito durante a anterior lexislatura. A infraestrutura, rematada no ano 2011, non chegou a entrar en servizo acumulando unha serie de deficiencias actuais como o problema das filtracións. Sen embargo, insisten dende o BNG na posibilidade de executar o aval para eliminar as goteiras en poñer en servizo unha instalación tan demandada polos veciños que denuncian a falla de prazas de estacionamento. Nos mesmos termos pronúncianse os socialistas de Boiro que critican a intención do goberno de destinar o aparcadoiro a almacén da brigada municipal de obras. Lembran que para este fin existen varias naves no polígono de Espiñeira mentres que o casco urbano adoece de espazo para aparcar. O alcalde de Boiro saíu ó paso das críticas da oposición insistindo en que as instalacións da Boqueira da Negral non reúne as características necesarias para a súa entrada en servizo como aparcadoiro. Dieste explica ademais que os custos de mantemento serían practicamente inasumibles para o concello.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí