A confraría de Rianxo obrigada a aplicar un ERTE

RIANXO> Aínda que tratou de evitalo ata os últimos momentos, o pósito rianxeiro veuse obrigado a ter que aplicar un Expediente de Regulación Temporal de Emprego.

O ERTE afectará a un total de cinco traballadores, tres administrativos e dous operarios de lonxa.

A situación a día de hoxe é catastrófica para os máis de 300 mariscadores cos que conta esta Confraría.

O marisqueo a pé permanece pechado e o de a flote ten solicitado o cese de actividade.

Segundo o patrón maior rianxeiro corren malos tempos para o sector, e o futuro parece negro…