EU denuncia a ineficacia do consello de xerencia de urbanismo

    urbanismo_vilagarcia_copia100.jpgVILAGARCÍA> Segundo Ramón Bueno, na última reunión  tratouse a concesión de dous permisos de obra a casas case finalizadas.

    {flowplayer}images/salnes/URBANISMO_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    Esquerda Unida asegura que dende o primeiro momento se opuxeron á creación deste consello. Para o partido, o organismo só supón un maior gasto e un aumento da burocracia para o municipio.

    A pesares da existencia deste consello, Ramón Bueno afirma que as decisións deberían seguir sendo políticas. O organismo non cumpre cos seus labores, como garantir a legalidade das obras que se están a realizar en Vilagarcía. Esquerda Unida reclama transparencia ó goberno e un maior compromiso.

    Para a formación política, o sucedido no consello de onte ven a confirmar a súa oposición. Na acta do día, o organismo debía tratar as licencias para a construción de dúas casas en Trabanca Badiña. Sen embargo, a estas alturas os inmobles están case rematados.

    Segundo a formación política, a súa oposición fixo que o concelleiro de urbanismo, Marcelino Abuín, deixase a concesión destas licencias sobre a mesa, comprometéndose a revisala.

     Redacción Salnés