Pais e avós “profesores por un día” na escola infantil Bonecos para fomentar a igualdade de roles

VILAGARCÍA> Os pais e avós do alumnado da escola infantil de Vilagarcía foron profesores por un día. A actividade englóbase dentro dos actos do centro en conmemoración polo 8M. O obxectivo é transmitir aos familiares masculinos que eduquen aos nenos na igualdade de roles.

A escola infantil Bonecos de Vilagarcía tivo hoxe profesores novos. Pais e avos do alumnado acudiron ao centro para participar na actividade “profes por un día”. Os proxenitores axudaron ás mestras nas tarefas diarias do centro para concienciar aos máis pequenos na igualdade de xénero.

A actividades non só están enfocadas ao alumnado senón tamén aos pais. O obxectivo é conciencialos en educar na igualdade.

Os pais e avós valoraron de forma moi positiva a actividade.

O centro continuará coas actividades do 8M a vindeira semana. Pero os actos non rematan aí, dende Bonecos traballan todo o ano para fomentar a igualdade entre os máis pequenos.