O mal estado do campo impide o Deportivo-Pontevedra

plantilla_deportes_copia100.jpgVILAGARCÍA> O mal estado do céspede de A Lomba impide un partido entre o Deportivo e o Pontevedra, que seía celebrar o venres.  A xestora do Arosa recibiu a proposta, pero o campo non está en condicións.

{flowplayer}images/salnes/CESPEDE A LOMBA.flv{/flowplayer}

A directiva pontevedresa se puxo en contacto coa xestora para facer a proposta, que posteriormente foi trasladada a Victoria Hierro, responsable da Fundación de Deportes. Tras consultar cos técnicos encargados do mantemento do campo, deu orde de non permitir a celebración de partidos en A Lomba, ó menos polo momento.

O céspede do campo do Arosa, foi tratado recentemente para emendar o dano provocado por un fungo, que puxo a herba totalmente amarela. Por elo, os técnicos non aconsellan utilizalo campo durante varias semanas.

Trátase dunha mala noticia para o Arosa, porque a celebración deste encontro suporía unha asistencia masiva ó campo, e unha importante inxección económica para as arcas do club.

Os dirixentes do Arosa tamén trasladaron á Fundación de Deportes, a posibilidade de que o campo de A Lomba sexa o escenario o próximo día 25, do partido da primeira eliminatoria da Copa do Rei, entre o Pontevedra e o Guadalaxara. Este partido non pode celebrarse en Pasarón polo mal estado do campo, que estará inutilizable como mínimo a segunda semana de setembro. Os directivos do Pontevedra prevén a asistencia dunhas 4.000 persoas.

O mal estado do céspede de A Lomba, tamén motivou que o partido de Copa da Deputación que o Arosa vai xogar este domingo contra o Rápido Bahía se desprace ó campo de Berdón. O choque dará comezo ás oito.

Redacción Salnés