RIBADUMIA> Comeza a XLVII edición da Festa do viño tinto do Salnés e exaltación das variantes autóctonas en Barrantes. Ó acto acudiron os diferentes representantes dos partidos políticos da localidade de Ribadumia que inauguraron a celebración cun brinde de viño tinto. O festexo estenderase ata o domingo.
A cuadrasétima edición da Festa do viño tinto do Salnés e exaltación das variantes autóctonas xa está en marcha. Na carpa dos stands situada en Barrantes tivo lugar a inauguración deste festexo. Representantes dos diferentes partidos políticos deron comezo á festa cun brinde de viño tinto. O alcalde en funcións de Ribadumia presentou o evento como o máis importante da vila.
As 15 adegas que están localizadas na carpa dos stands poden chegar a vender, ao longo destes días, máis de 2000 mil botellas de viño. Os adegueiros afrontan a cita con moita ilusión e esperan repetir os éxitos de anos anteriores.
A pesar de que a inauguración foi á 1 da tarde, as primeiras botellas de viño xa se venderon moito antes. Os asistentes que acudiron ao inicio da festa esperan unha gran afluencia de persoas e, sobre todo, beber moito tinto.
Na vila tamén se celebrará esta fin de semana a fase final do Arousa Futbol 7 e o campionato nacional de Rottweiler. Con todos estes eventos, a expectativa é que máis de 5 mil persoas se acheguen Ribadumia nestas datas.