O Grove inaugura a 1ª bienal do Simposio Internacional de escultura

    O GROVE> Os Xardíns de Confíns no Grove farán as veces dun taller de escultura, onde poderemos ver durante 21 días como traballan os…

    {flowplayer}images/salnes/inauguracion_simposio_escultura_grove.flv{/flowplayer}

    …tres artistas finalistas da primeira edición da bienal do simposio internacional de escultura ó aire libre do Grove. 

    Dos 36 artistas internacionais presentados este ano, estes tres serán os que teñan a posibilidade de levarse crear unha peza escultórica inédita que complete o conxunto artístico meco, para levarse así cadanseu premio en metálico. As creacións a realizar este ano son Animais do Mar, Celosía e Tiburón, respectivamente.

    Namentres os artistas traballan con pedra galega e intercambian experiencias entre eles, o público poderá ollar de preto a súa forma de traballar, namentres rebaixan a comida dos manxares máis exquisitos das Rías Galegas.

    Redacción Salnés