Mª Dolores Vázquez, nova presidenta de Emgrobes

    O GROVE > A asociación Emgrobes, do Grove, xa conta con nova directiva, con María Dolores Vázquez Varela á fronte. Os socios celebraron onte dobre asemblea. Tras coñecer o balance do traballo realizado no colectivo nos últimos dous anos, a xunta directiva que presidía Juan José Búa presentou a súa dimisión e procedeuse á elección dunha nova.

    emgrobesasambleadimisionbua_300_210406.jpgMaría Dolores Vázquez Varela é a nova presidenta de Emgrobes, a asociación de empresarios do Grove. Os socios elixiron onte en asemblea a nova directiva trala dimisión do anterior presidente, Juan josé Búa. Antes de despedirse, Búa fixo un balance da xestión do seu equipo nos últimos dous anos. Durante este período destaca sobre todo a crenza e aposta polo asociacionismo e o cooperativismo, que levou a Emgrobes a formar parte de colectivos como a Confederación Provincial de Empresarios, o Foro Galego de Comercio e o Consorcio de Comercio do Salnés.

    Juan José Búa tamén sinalou que lle deixan á nova directiva unha asociación solvente e coas contas totalmente saneadas. O aumento do número de socios tamén se incluíu neste balance. Segundo Búa Emgrobes sumou nestes dous anos un 25 por cento máis de apoio do sector empresarial e comercial local, pasando de 117 a 152 socios. A anterior directiva destaca ademais a creación de equipos para cada sector que deixan unha completa documentación do traballo realizado.

    A nova presidenta, María dolores Vázquez, é licenciada en Dereito e representa unha correduría de seguros da localidade meca. De momento, queda pendente o nomeamento do vicepresidente, tesourería e secretario.

    Redacción Salnés