Feijóo comprométese a sanear as rías galegas antes do 2015

    ALBERTO_NUNEZ_FEIJOO copy.jpg SALNÉS> O Presidente da Xunta adiantou que o goberno galega estuda modificar os pérmex para que mariscadoras concilien vida laboral e familiar.

    {flowplayer}images/salnes/FEIJOO INTECMAR.flv{/flowplayer}
     
    A primeira parada da visita do Presidente da Xunta á Ría de Arousa foi nas instalacións de INTECMAR, en Vilaxoán. O Presidente quixo resaltar a importancia da Ría de Arousa no sector do marisqueo xa que supón dous tercios das ventas de toda a producción galega. Ademais, confesou que estes laboratorios son o mellor exemplo para poder garantir que os productos galegos son de calidade.
     
    O percorrido continuou cunha travesía en barco para observar o marisqueo a flote e achegarse a unha batea experimental de engorde de ameixa. Feijoo confesou que o obxectivo da Consellería do Mar para esta lexislatura é facer do marisqueo unha actividade sostible.
     
    A xornada rematou cunha visita ás mariscadoras de a pé de Cambados. Sostible socialmente polo que están planeando unhas modificacións no Permex co fin de que as mariscadores poidan conciliar a vida laboral e familiar. Ademais, manifestou a loita que están a facer desde a Xunta contra o furtivismo.
     
    Redacción Salnés