Un novo parque, renovación do punto limpo e unha nova canceira

    punto_limpio_copy100.jpgVILAGARCÍA> Estas son as actuacións que a empresa Acciona, ven de acordar nun convenio co concello, por 2 millóns de euros.

    {flowplayer}images/salnes/PUNTO_LIMPO_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    As negociacións coa empresa remóntanse un ano atrás. Aínda que o acordo é con Acciona, as tres actuacións requiren unha modificación do proxecto para a construción das vías do tren financiado polo Ministerio de Fomento.

    A carteira que dirixe José Blanco, destinará preto de 2 millóns de euros para estes proxectos. En Pinar do Rei, dos 70 mil metros cadrados cedidos polo concello, 60 mil estarán ocupados por unha nova zona verde.

    Ó punto limpo actual destinaranse 400 mil euros para ampliar a súa capacidade de almacenaxe. As obras prevén engadir cinco dársenas novas, unha zona de compostaxe de 3 mil 300 metros cadrados e un tanque de recollida de lixiviados.

    A nova canceira contará con 45 habitáculos e servizos como cociña, seguridade e enfermaría. As actuais instalacións da canceira destinaranse a aparcamentos.

    Redacción Salnés