O Depocrea leva a 6 artistas a vivir dúas semanas no Náutico de San Vicente para crear obras comúns

O GROVE> A deputación de Pontevedra e o Náutico de San Vicente colaboran para poñer en marcha o Depocrea. Un programa mediante o cal 6 artistas residirán durante dúas semanas no Grove para crear as súas obras colaborando no recoñecido establecemento grovense. O obxectivo desta iniciativa é promover espazos diferenciais para a creación contemporánea nunha contorna única.

A Deputación de Pontevedra crea un novo programa para apoiar aos artistas na súa vertente creativa. A diferencia doutras iniciativas nas que os creadores promocionan o seu arte, neste caso a Deputación en colaboración co Náutico de San Vicente poñen en marcha Depocrea. Un programa mediante o cal seis artista convivirán durante dúas semanas na contorna do establecemento grovense para crear obras en común.

O Náutico de San Vicente é vital para que estes artistas desenvolvan a súa arte. Xa que o programa busca tamén promover espazos diferencias para a creación contemporánea en contornas naturais e sostibles.

Os artistas poderán tamén recibirán visitas de outro profesionais, de asociacións da zona ou incluso da propia veciñanza. Desta forma Depocrea mestura cultura, natureza a cidadanía.

Unha vez rematados os 15 días, os artistas mostrarán as súas creacións a todos os públicos.